Encontros científico-literarios con Iolanda Casal

Este 30 de Abril contaremos coa visita da xornalista científica Iolanda Casal que nos falará da 
"muller e ciencia nos medios de comunicación"

Iolanda Casal é Licenciada en Xornalismo e ten un Máster en Igualdade e Xénero. Traballa como xornalista pero tamén é escritora. Ten publicada unha obra en dous tomos "Investigadoras galegas", na que recolle a traxectoria de 100 investigadoras galegas. 
Recibiu ademais, o V Premio de Xornalismo Científico por unha serie de reportaxes de mulleres investigadoras.

Ofreceranos un obradoiro no que traballaremos con noticias de prensa e veremos o tratamento que os  medios de comunicación lles dan á ciencia e ás mulleres.

Comentarios