Día da Ciencia en Galego

Comezamos este curso celebrando, como todos os meses de Novembro, a ciencia en galego.

Aproveitando que este 2016 é o Ano Internacional dos Legumes, imos traballar sobre eles con axuda do material elaborado por Igaciencia. E ao fío dos legumes, adicámoslle o día á xenética, a Mendel e os seus famosos chícharos, e a Cruz Galléstegui, que introduce a xenética en España.

Por outra banda, achegámonos á ciencia a través da radio escoitando programas de Efervesciencia da radio galega, pois nos vindeiros meses,  teremos como convidado nas charlas científico-literarias, ao divulgador científico que dirixe este programa, Manuel Vicente.

Comentarios